Módulo 1. Marco teórico da invasión
1.1. Fundamentos da invasión: conceptos clave e o seu impacto nos ecosistemas de Galicia.
1.2. Protocolo de vixilancia: identificación das principais FEI en Galicia e fases da invasión.
1.3. O voluntariado en rede: marco legal e ético da intervención en espazos protexidos.
Módulo 2. O equipo interxeracional no control
2.1. O coñecemento tradicional do territorio: valoración dos saberes das persoas maiores para a identificación de zonas de risco e o manexo sostible da paisaxe.
2.2. Ferramentas e mobilización dixital: apps para a monitorización, creación de guías dixitais e estratexias de mobilización e difusión da acción a través de redes.
2.3. Seguridade e saúde: protocolos de seguridade no traballo de campo e riscos específicos.
Módulo 3. Métodos de control e acción práctica
3.1. Métodos de control: técnicas e a súa aplicación segundo a especie e a época do ano.
3.2. Criterios de actuación: como elixir o método máis axeitado e evitar a propagación accidental (xestión de residuos vexetais).
3.3. Cadea de mando e loxística: organización de xornadas de voluntariado.
Módulo 4. Monitorización e restauración do ecosistema
4.1. Monitorización pos-intervención: rexistro do traballo realizado e avaliación da efectividade.
4.2. Ciencia cidadá e FEI: rexistros fotográficos e cartográficos para bases de datos de control.
4.3. Restauración ecolóxica: introdución ás técnicas de reforzo da flora nativa e o mantemento do espazo a longo prazo para evitar novas invasións
Personas Destinatarias: Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI
Número de edicións: 1
Horas: 25
Lugar de realización: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org
Datas de realización: Do 16 de setembro ao 16 de outubro de 2026
Número de prazas: 100
Período de matriculación: Do 29 de xuño ata cubrir as prazas ofertadas
Para máis información:

Mail: voluntariado@xunta.gal

Teléfono: 900 400 800