Módulo I. Introdución e contexto
Módulo II. Iniciación á vela e TDV
a. Presentación do material
b. Montaxe dunha embarcación
c. Identificación de rumbos e ventos
d. Teoría da vela
e. Prioridades de navegación e regatas
f. Seguridade no mar
Módulo III. Prácticas de vela e TDV
a. Saída e entrada de praia
b. Navegación e técnicas de viraxe
c. Travesía
d. Adrizamento de embarcacións
e. Remolcaxe
f. Manobras de prevención e seguridade
Módulo IV.A náutica no eido do tempo libre
a. Organización dun campamento con actividades náuticas
b. Preparación das actividades. Xestión de grupos e coordinación do equipo
c. Análise da situación orográfica
d. Análise e identificación de riscos: Meteoroloxía, correntes, mareas
e. Protocolo de emerxencia e seguridade
Módulo V. Materiais
a. Barcos, táboas e velas: Identificación, coidado e recollida, almacenaxe, hibernación
b. Motores: Nocións básicas, coidados, mantemento e reparación
c. Pañol de vela
Persoas Destinatarias: Mocidade de 18 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre
Especificación puntual: Inclúese aloxamento e manutención. Imprescindible saber nadar e acudir con roupa deportiva cómoda, escapins e chanclas, traxe de baño de licra/neopreno se teñen
Número de edicións: 1
Horas: 65
Lugar de realización: Albergue Xuvenil As Sinas en Vigalarcía de Arousa.
Datas de realización: Do 1 ao 4 e do 9 ao 11 de maio de 2025. O horario será de 9:00h a 14:00h (todos os días agás o 9 de maio) e de 16:00h a 21:00h (todos os días indicados)
Número de prazas: 15
Período de matriculación: Do 13 de febreiro ata cubrir as prazas ofertadas
Para máis información:

Email: escola.xuventude@xunta.gal

Teléfonos: 981544866, 881999189 e 981544840